martes, 13 de enero de 2015

Amor ó galego.

Sempre me dixeron que amara,
que amara todo o que teño,
empezando polo galego.

Sempre me dixeron que amara,
que amara o tempo,
cada vez que chovía e cando facía vento.

Sempre me dixeron que amara,
que amara todo o que fago
para non arrepentirme nunca do pasado.

Sempre me dixeron que amara,
que amara os meus soños
para poder un día cumplilos todos.

Sempre me dixeron que amara,
que amara co corazón aberto
para ensinarlles que non tiña medo
           a amar.
Sempre me dixeron que amara,
que amara de todos os xeitos posibles
para que nos fora máis doado ser libres.

Sempre me dixeron que amara,
que amara como mellor soubera facelo
e tiveches a sorte de que te amara en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario