lunes, 9 de mayo de 2016

6- M

Tres semanas dende que non estás aquí.
As homenaxes na túa honra seguen aflorando
ó igual que as flores coa primavera,
ó igual que a nosa música coa túa presenza.

Todo está cambiado,
ninguén ten ánimos
e a túa cadeira segue baleira
                         [e seguirao estando.
Deixaches un oco en nós que ninguén vai ocupar,
unha melodía que ninguén vai tocar,
un sorriso que non volverá,
un gol que ninguén vai marcar.

Volve,
aínda que só sexa unha última vez máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario