viernes, 15 de julio de 2016

Estrela M12.

"Ola, 

fai tanto tempo que non che escribo,
que só che falo en silencio.
Boto tanto de menos ser soamente o teu amigo
e sinto que o tempo 
é un aloumiño perverso
a quen contarlle os meus sentimentos na túa ausencia."



Outra semana máis toca comezar unha carta que nunca vas ler...
Doce xa,
doce semanas sen terte aquí
que si,
dinse pronto
pero creme,
foton tres meses moi duros para todos.

Sabes eme?
Semella que ti eras a peza que ó faltar
fixo que o pouco que quedaba en pé se desequilibrara.
Pero tranquilo,
imos tirando cara adiante.
Perdendo a cabeza de cando en vez,
asumindo a certeza de que non te volveremos ver.

Tócanos comezar un novo reto,
unha nova aventura na que ti vas estar
       [sen estar.
Un novo desafío para os nosos sentimentos,
un novo tira e afrouxa coa realidade.

Nunca deixes de soar (e soñar) con nós, eme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario